Spider-Man terá xogo para iPhone o 1 de setembro
xoves 26 de agosto do 2010, por |

- Spider-Man enfrontarase a Venom (e outros inimigos do cómic) no novo título que prepara Gameloft
A primeiros de setembro
Activision vai comercializar o xogo Spider-Man:
Dimensions para consolas de domésticas e Nintendo DS, momento que
aproveitará Gameloft para lanzar un novo título do mesmo personaxe, de xeito
que a partires do 1 de setembro será posible adquirir Spider-Man:
Total Mayhem para iPhone e iPod Touch.
Este novo título baséase no universo de Ultimate
Spider-Man e aínda que non sexa do nivel técnico de Dimensions, promete moita diversión cun estilo de xogo único (con
máis de 20 combos), grandes saltos,
eventos de tempo, uso do sentido arácnido para evitar ataques… e grandes
inimigos coma o Home de Area, Rino, Electro, Venom, ou Dr. Octopus e, coma
guinda, o Green Goblin (o Trasno Verde).
Tamén será posible vestir o traxe negro
de Spider-Man, e Venom formará unha parte crucial na historia, xa que o caos
que ten que combater o sobriño de Ben Parker é está provocado polo intento por
parte da Roxxon Corporation de combinar ao malvado simbionte co soro Oz (que dá
os poderes ao Green Goblin), dando lugar a unha explosión na que unha parte do
produto combinado dispersouse e infectou a varios cidadáns.
Trailer de Ultimate Spider-Man Total Mayhem publicado por Gameloft esta semana
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















