Sony rebaixa temporalmente a PlayStation 3

luns, 4 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Para promover as vendas antes do inicio da campaña de Nadal e anticipándose ao lanzamento da PlayStation 4, Sony está a rebaixar a PlayStation 3 ata o 15 de novembro, de xeito que podemos facernos co modelo de 12 Gb por só 179,99 euros.
Aínda que non parece o mellor momento para mercar unha PlayStation 3 por estar ás portas a súa sucesora, cómpre destacar que durante os vindeiros meses continuarán a saír moitos xogos de calidade para a PS3, polo que os xogadores que queiran introducirse neste plataforma e prefiran agardar un ou dous anos antes de dar o salto á nova xeración de consolas ten aquí unha excelente oportunidades para facerse cunha consola doméstica bastante completa e potente que nos últimos meses contou cos mellores xogos da súa historia (con títulos exclusivos como The Last of Us e as últimas entregas de sagas de éxito como FIFA ou Call of Duty).

PUBLICIDADE