Sony podería gañar a guerra de consolas para 2012

luns, 26 de maio do 2008 Marcus Fernández

Predicións de IDC para 2012

Un informe de IDC elaborado por Billy Pidgeon fai unha proxección das vendas de consolas de nova xeración que prevé que a PlayStation 3 de Sony superará á Xbox 360 durante 2009, aínda que deberá agardar ata 2012 para tomar unha mellor posición que a Nintendo Wii.
Estas previsións son moi pesimistas para a consola de alta definición de Microsoft, que estancaría as súas vendas nun par de anos, de xeito que a guerra de consolas quedaría entre as niponas Nintendo e Sony.
Ata o momento a Xbox 360 parecía acadar unha boa posición no mercado norteamericano, especialmente tralo lanzamento do GTA IV, de aí que resulte un tanto rechamante que se pense que as súas vendas se estancarán a medio prazo.

PUBLICIDADE