Sony oferta 10 xogos de PS Vita e unha tarxeta de memoria de 8 Gb por 39,99 euros

mércores, 19 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Para revitalizar a prexudicada PS Vita anuncian que mañá van pór á venda por 39,99 euros un Mega Pack de 10 xogo descargables xunto cunha memoria de 8 Gb para a consola portátil de Sony, no que consideran que é un dos xeitos máis rendibles de facerse cun bo catálogo de xogo para a PS Vita, que estará tamén dispoñible conxuntamente coa propia consola nun lote que porase á venda o vindeiro 14 de xullo a un prezo de 219,99 euros.
Os xogos incluídos no Mega Pack son LittleBigPlanet, WipeOut 2048, MotorStorm RC, Little Deviants, Frobisher Says!, Ecolibrium, Ratchet and Clank: El Tamaño importa, Lemmings, Hungry Giraffe e The HD Adventures of Rotating Octopus Character que, se ben non son uns xogos especialmente rechamantes (a meirande parte nin sequera están á venda en soporte físico) son un bo xeito de superar a seca de títulos para PS Vita (que moitos consideran que o único título de peso que recibiu no que vai de ano foi Soul Sacrifice).

En xullo o Mega Pack poderá adquirirse de xeito conxunto cunha PS Vita

PUBLICIDADE