Sony engade pantalla táctil ás cámaras Bloggie
xoves 2 de setembro do 2010, por |
As cámaras de vÃdeo
compactas téñeno cada vez máis complicado para manterse no mercado, de aà que
teñan que innovar constantemente para non ser relegados totalmente a favor dos
teléfonos móbiles, e neste liña chega a Sony
Bloggie Touch MHS-TS20K, que cun tamaño moi reducido (15,2 x 107,0 x 52,0 mm) e un peso
de só 125 gramos permite tomar fotografÃas a través do seu sensor CMOS de 12,8
MpÃxeles e gravar vÃdeo en alta definición a 1.080p a 30 cadros por segundo en
MPEG-4 AVC/H.264 (podendo chegar a 60 imaxes por segundo a unha resolución de
1.280 x 720 pÃxeles). Conta con 8 Gb de almacenamento interno, conector USB,
saÃda HDMI e, especialmente, unha pantalla táctil capacitiva de 3 polgadas que
é a súa grande novidade, facilitando tanto unha boa visualización de contidos
coma o control do dispositivo.
Esta nova Bloggie tamén é capaz de tomar imaxes mentres gravamos vÃdeo,
realizar panorámicas en 360 graos tanto de imaxe coma de vÃdeo, dobrando estas
últimas a resolución das anteriores cámaras desta familia. Inclúe software que
facilita compartir os contidos captados en Facebook, YouTube e Flickr. Estará dispoñible a primeiros de novembro por un prezo por determinar.

- A pantalla de 3 polgadas permite ver comodamente os contidos capturados coa novo Bloggie Touch

- A Bloggie Touch poderá adquirirse en 3 cores: rosa, prata e negro
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















