Sony confirma que en 2010 a PS3 terá soporte 3D

luns, 7 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Nas distintas feiras tecnolóxicas levan tempo presentando cómo será o xogo Wipeout HD en 3D

Nos últimos meses Sony e outras compañías veñen anunciando que o Blu-ray e a PS3 poderían ser a porta de entrada das 3D nos fogares, e durante a feira IFA 2009 volveron a incidir no tema, confirmando dende Sony que en 2010 publicarán unha actualización para a súa consola doméstica de xeito que practicamente todos os xogos actuais poderían xogarse en tres dimensións de contar cun televisor compatible con esta tecnoloxía emerxente.
Lembremos que algo semellante xa funciona en ducias de xogos para PC, polo que na PlayStation 3 tamén podería reproducirse un escenario semellante, con xogos que van perfectos en 3D e outros que teñen unha pobre adaptación ao cambio de interface. No caso da tecnoloxía para PC (nVIDIA 3D Vision) tamén é posible utilizala con lentes de cores azul e vermella, de xeito que os usuarios que non gocen dunha pantalla 3D poden facer un certo achegamento a esta tecnoloxía, o que non sabemos se será posible tamén na PS3, pero de seguro que agradecerían moitos usuarios que non teñan pensado cambiar de televisor a curto prazo.

PUBLICIDADE