Sonic e Mario adiántanse ás Olimpíadas de Londres

venres, 18 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Mario e Sonic competirán nas Olimpíadas de Londrés de 2012 a partir de febreiro dentro da Nintendo 3DSHoxe chega ás tendas españolas o xogo Mario & Sonic en los Juegos Olímpicos London 2012 na súa versión para Wii (para Nintendo 3DS farase agardar ata febreiro de 2012), servindo de anticipo dun dos eventos deportivos máis importantes do ano que vén, e que promete emoción e diversión en modos de un xogador e multixogador (para xogar cos amigos e a familia) con máis de 300 deportes olímpicos orixinais entre os que se atopan novos eventos nesta franquía como fútbol, beach volley, natación sincronizada, hípica, bádminton e canoa, mentres que probas xa coñecidas como 100 metros lisos, natación e tenis de mesas vense redeseñados neste novo título para a consola doméstica de Nintendo.
Este xogo para Wii foi desenvolvido pola división xaponesa de SEGA e chega ao mercado español a un prezo recomendado de 54,95 euros. Tamén está dispoñible un paquete do xogo co novo modelo de Wii en cor azul, e que ten un prezo de venda recomendado de 149,95 euros.


Trailer do xogo que volve a xuntar a Mario e a Sonic nunhas olimpíadas

O bádminton é un dos novos deportes que chegan á franquía olímpica de Sonic e Mario
O xogo tamén conta con divertidos modos multi-xogador
No Mario & Sonic en los Juegos Olímpicos London 2012 poderemos participar en carreiras de canoas

PUBLICIDADE