Sonic celebra o seu 20º aniversario

xoves, 23 de xuño do 2011 Marcus Fernández

En <em>Sonic Generations</em> o ourizo azul cruzarase cunha versión máis nova de si mesmoPara celebrar o 20º aniversario de Sonic, o ourizo azul que serve de mascota de SEGA, dende hoxe está dispoñible (por tempo limitado) de balde para PlayStation 3 e Xbox 360 a versión de demostración de Sonic Generations, o título que levará ao personaxe a través do tempo chegando a cruzarse cunha versión máis nova de si mesmo, e que tamén estará dispoñible para Nintendo 3DS.
Adicionalmente SEGA tamén lanzou para PS3 o Sonic 20th Anniversary Bundle, un paquete conmemorativo que inclúe o xogos Sonic: The Hedgehog, Sonic 2, Sonic Adventure, Sonic 4: Episode 1 e un tema dinámico sacado de Sonic 4, que estará dispoñible só durante 20 días por 17,99 euros, o que supón un aforro do 50% con respecto ao prezo orixinal destes títulos descargables dende a PlayStation Store.


Así é a demo de Sonic Generations

En Sonic Generations o ourizo azul cruzarase cunha versión máis nova de si mesmo
Sonic Generations chegará como homenaxe a unha saga que xa dura 2 décadas

PUBLICIDADE