Sonic Jump chega finalmente a Android
venres, 21 de decembro do 2012
Tras o seu
paso por iOS, hoxe estréase en Android o xogo Sonic Jump, que adopta unha fórmula de xogos de desprazamento
vertical sen volta atrás como Doodle Jump ou Abduction, pero con personaxes, obxectos, escenarios e mesmo
historias propias da franquÃa do ourizo cacho azul de SEGA. Este xogo está
xa á venda en Google Play por 1,82 euros, e permite xogar con personaxes
como Sonic, Tails e Knuckes (con habilidades exclusivas cada un), mundos
incribles (dende a clásica Zona Green Hill ata novos mundos), un modo historia
con 48 niveis que superar para deter ao malvado Dr. Robotnik, tendo que
derrotar a varios xefes finais no camiño.
Para engadir diversión a este tÃtulo móbil podemos gozar do modo Arcade (cun
mapa infinito), que conta coa posibilidade de competir cos nosos amigos para
acadar a mellor puntuación nos marcadores que se comparten en liña.
O xogo recibirá máis personaxes e mundos de balde en futuras actualizacións que
xa están a desenvolver.