Skype Translator xa fala francés e alemán

xoves, 18 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Tras a incorporación do inglés, o español, o italiano e o mandarín, a aplicación Skype Translator incorpora agora ao francés e ao alemán como idiomas falados que pode traducir en tempo real, aos que se suman outros 50 idiomas nas conversas de texto, de xeito que esta ferramenta de comunicación continúa a avanzar rapidamente para superar barreiras idiomáticas.
Esta ferramenta permite que durante o establecemento de videoconferencias poidamos ver como as palabras do noso interlocutor se converten a texto en tempo real, e este texto tradúcese á lingua do usuario, para que así dúas persoas que falan distintos idiomas poidan entenderse, pero iso non queda aí, senón que dende Microsoft tamén destacan que esta tecnoloxía está a resultar extraordinariamente útil para persoas con eivas auditivas, que agora poden ver como as palabras dun interlocutor se transforman en texto de xeito automático a través desta ferramenta, simplificando a comunicación con outras persoas dun xeito máis directo e persoal, sen precisar dun intérprete humano no proceso (o que tamén engade intimidade e comodidade).


Vídeo no que destacan a utilidade que ten Skype Translator para usuarios con eivas auditivas

PUBLICIDADE