Situm Technologies trunfa na primeira edición de Galicia Open Future

mércores, 25 de marzo do 2015 Marcus Fernández

A colaboración entre o Goberno galego e Telefónica fixo posible que o ano pasado botase a andar Galicia Open Future, unha estratexia para potenciar o emprendemento innovador dende a nosa terra, para o que se achegaron recursos e ferramentas para o desenvolvemento de 50 proxectos empresariais innovadores, así como abriría o acceso a un Programa de Incentivos á Excelencia Innovadora en material TIC da Xunta que conta cun orzamento de 750.000 euros.
Tras o desenvolvemento deste programa que está plenamente integrado no novo centro de crowdworking na Cidade da Cultura, chega o momento de facer balance, polo que veñen de facer pública a resolución provisoria final da I Edición de Galicia Open Future, que tras 5 días para presentar alegacións pasará a ser definitiva. Polo momento conseguiron figurar entre os tres mellores proxectos emprendedores Situm (con 8,15 puntos), Monet (7,90) e Techonology for Automatic Parallelization (7,70), cunha ampla vantaxe con respecto ao resto de iniciativas, polo que practicamente podemos dalos como gañadores desta convocatoria, o que permitiralles recibir unha axuda de 25.000 euros a cada iniciativa, así como a posibilidade de acceder a outras facilitades económicas.
Lembremos que o proxecto emprendedor mellor situado en Galicia Open Future, Situm Technologies, xa veu como se recoñecía o seu potencial na recente edición do concurso Elevator Pitch Singularity University, no que se situaron entre as tres startups gañadoras.

Situm Technologies vén de trunfar nun concurso organizado por Singularity University

PUBLICIDADE