Simyo quere captar coma clientes aos móbiles prepago sen identificar

luns, 2 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro 9 de novembro entre en vigor a normativa que obriga a desactivar as tarxetas SIM de telefonía móbil prepago que non estean debidamente identificadas (aínda que é posible que prorroguen tal prazo) o que operadores coma Simyo queren aproveitar para captar clientes, e así lanzaron unha campaña para que os usuarios de tarxetas prepago adquiridas antes de novembro de 2007 que non queiran acudir a unha tenda de telefonía a amosar o seu DNI, poidan realizar os trámites comodamente dende o seu domicilio, cambiando de compañía.
A nova campaña dirixida aos usuarios das 4 millóns de tarxetas SIM que aínda están sen identificar parte da páxina web nopierdastunumero.es, na que, tras introducir o nome, número de teléfono e correo electrónico do interesado, o persoal de Simyo encárgase de pórse en contacto co mesmo para axilizar os trámites que impidan a perda da súa liña telefónica móbil se non acode á unha tenda de telefonía do seu operador actual para identificarse.

PUBLICIDADE