Shadow of the Beast chegará a PS4 o 17 de maio
venres, 22 de abril do 2016
Hai tres anos, cando no marco da
Gamescom anunciouse que a PlayStation 4 chegarÃa ao mercado español o 29 de
novembro, presentouse tamén un xogo exclusivo para PS4, Shadow of the Beast, que viña a ser un remake do clásico homónimo que vira a
luz en 1989 para Commodore Amiga
(chegando a moitas outras plataformas) e agora sabemos que este tÃtulo non se
fará agardar moito, xa que chegará
á PlayStation Store o 17 de maio a un prezo de 14,99 euros, e incluso
adiantan detalles das súas mecánicas de desprazamento lateral e combate,
combinándose ataques normais con outros máis fortes (facendo uso de barras de
ira) e contando incluso con movementos que permitirán eliminar a varios
inimigos ao mesmo tempo.
O xogo non será acción pura, senón que combinará o frenetismo con momentos de
plataformas nos que interactuar co escenario na procura de obxectos ou empregar
teletransportadores para desprazarnos a outras zonas. Un aspecto fundamental do
xogo será a SabedorÃa das Sombras que
acumularemos mentres progresemos e que nos permitirá mercar melloras para as
habilidades de combate, novos movementos especiais e talismáns que poden
equiparse para habilitar novas estratexias.
O funcionamento básico dos combates é moi sinxelo (os inimigos chegan pola
esquerda ou pola dereita e haberá que matalos), pero deberemos progresar para
conseguir que os inimigos sexan derrotados sen darlle tempo a infrinxirnos
ningún dano, o que será un reto cada vez maior, de xeito que teremos que ir
collendo velocidade na combinación de ataques básicos, contraataques, atordamentos,
lanzamentos, ataques especiais, rodar, lanzar a Cólera de Aarbron, empregar as
cadeas de furia e, sobre todo, facer uso do botón de bloqueo. Unhas mecánicas
que podemos ver máis claramente en vÃdeo: