ScrollMotion prepara un lector de libros electrónicos para o iPhone

martes, 9 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A presentación do novo iPhone 3G S tamén serviu para dar a coñecer aplicacións para o mesmo coma unha versión do navegador TomTom e incluso un novo lector de libros electrónicos que busca quitarlle o posto ao popular Stanza, o Iceberg Reader de ScrollMotion, que sairá no verán e que destacará por unha xestión social do seu catálogo, a súa aposta pola paxinación, a agregación de notas, o uso da función de copiar e pegar que vén de chegar ao iPhone e por contar co apoio de grandes grupos editoriais.
O Iceberg Reader serviría así como plataforma de obras de editoriais de libros (Random House, Pearson, HarperCollins, Hachette, Simon and Schuster, Houghton Mifflin Harcourt, Perseus, Candlewick Press e Wiley), xornais (The Tribune Company), revistas (The Slate Group, Time Inc., Conde Nast, Hearst Publications e Harvard Business Review) e de LibreDigital.

PUBLICIDADE