O lector de libros electrónicos máis popular nos EE.UU. é o iPhone
luns, 6 de outubro do 2008
Mentres os fabricantes
de lectores de libros electrónicos presentan novos dispositivos a revista
Forbes publicou que nos EE.UU. o
lector de libros electrónicos máis empregado é o iPhone, partindo do
suposto de que a aplicación de balde para o móbil de Apple Stanza
ten máis de 395.000 usuarios, superando aos 380.000 lectores Kindle
que Amazon agarda vender antes de finalizar o ano.
Nun principio Stanza permite a descarga de libros de dominio público para a súa
lectura no iPhone e, aÃnda que existen outra aplicacións para ler textos no
iPhone, é un bo indicativo do atractivo que está a ter a pantalla do terminal
para a lectura, pese ao seu reducido tamaño.
Os volumes de usuarios das dúas plataformas dan a entender que a lectura dende
dispositivos electrónicos cada vez é máis frecuente, aÃnda que falte moito para
que perigue o papel coma soporte, a evolución parece ir a moi bo ritmo (as
vendas do Amazon Kindle son moi elevadas), faltando que este tipo de hábito de
consumo se faga máis habitual agora en Europa, onde os lectores electrónicos
con conectividade sen fÃos aÃnda parecen algo moi distante.