Sand Land terá videoxogo en abril
venres, 12 de xaneiro do 2024
Bandai
Nanco anunciou hoxe que o
vindeiro 26 de abril é a data escollida para o lanzamento do seu agardado xogo
de rol de acción Sand Land inspirado no manga homónimo de Akira
Toriyama (creador de As Bólas Máxicas, quen deixou grande pegada no
sector dos videoxogos na saga Dragon Quest e en clásicos como Chrono
Trigger e Blue Dragon).
O xogo contará con
versión para PS4, PS5, Xbox Series X|S e PC, ofrecendo un grande mapa que
explorar cunha grande variedade de vehÃculos mentres encarnamos a Beelzebub
dirixindo a un grupo de heroes inadaptados na procura dun manancial de lenda
oculto no deserto, enfrontándose a bandidos, a agresiva fauna e mesmo o
Exército Real.
Resulta bastante curioso o feito de que Sand Land sexa agora unha obra
relevante, xa que o manga orixinal publicouse no ano 2000 (publicándose en
España en 2001) e a súa adaptación audiovisual non veu a luz até o pasado
verán, cando se estreou nos cines xaponeses, descoñecéndose se chegará a
estrearse en tal formato no noso territorio, xa que está previsto que Disney+ estrea a
produción en formato de serie a vindeira primavera, incorporando material
descartado no filme.
Tráiler do videoxogo de Sand Land