Samsung mellorará o control por voz dos seus televisores

luns, 23 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Entre os días 7 e 10 de xaneiro Samsung presentará no Consumer Electronics Expo (CES) de Las Vegas a súa nova tecnoloxía de Smart TV, que buscará uns televisores máis doados de empregar, para o que potenciará a súa solución de recoñecemento de voz, actualmente dispoñible en 11 países, e que abrirase a 12 novos mercados durante 2014, facilitando as funcións máis frecuentes e os patróns de uso.
Samsung confían en que a súa nova tecnoloxía Smart TV faga máis doada a localización de contido, permitindo cambiar de canle con só dicir o seu número, ou atallar o xeito de acceder a unha páxina web ou a unha aplicación nun único paso.
A voz poderá empregarse para interactuar con servizos de uso diario como a información do tempo, da bolsa ou deportiva, podendo verse os resultados das nosas consultas en fiestras emerxentes mentres estamos vendo a televisión (podendo verse a información detallada de premerse sobre a xanela emerxente).
O control por movemento tamén mellora na nova xeración de Smart TV, incorporando xestos co dedo, que servirán para cambiar de canle, axustar o volume, localizar e seleccionar o que queremos ver ou ir para atrás ou parar un vídeo empregando os dedos dun xeito moi intuitivo.

PUBLICIDADE