Samsung eliminará o plástico das súas embalaxes
luns, 28 de xaneiro do 2019
Samsung Electronics vén de anunciar que ao longo do presente
ano pretenden substituÃr
os materiais plásticos nas embalaxes dos seus produtos por papel e outros
elementos sustentables ambientalmente. Xa na primeira metade de 2019
procurarán que os smartphones, tabletas e outros produtos para o mercado
doméstico comecen a empregar na súa embalaxe papel e bioplásticos ou plásticos
reciclados, para o que organizaron un equipo que se encargará de levar a bo
porto ideas innovadoras para embalar os seus produtos.
Samsung non se limitará a cambiar as caixas dos seus produtos, senón que fará
cambios máis importantes, como facer que os cargadores dos seus móbiles teñan
un acabado mate, evitando asà a necesidade de empregar plásticos protectores,
reducindo asà o uso de plásticos.
No caso das bolsas de plástico que protexen televisores, frigorÃficos,
lavadoras e outros electrodomésticos, Samsung apostará por bioplásticos e
materiais reciclados.
Con estas medidas Samsung busca reducir a contaminación que provocan os seus
produtos, para o que apostan por materiais sustentables ambientalmente incluso
se iso supón un incremento de custos.