Sae a versión 4.1 do Opera Mini

mércores, 14 de maio do 2008 Marcus Fernández

Opera Mini amosando a web Gizmóvil en formato panorámico

O versión do navegador de Opera para móbiles, o Opera Mini, chegou xa á súa versión 4.1 despois de poucas semanas en probas, confirmándose coma unha das mellores solucións de navegación móbil para os terminais de telefonía móbil que non conten con navegadores avanzados.
Entre as grandes novidades está o uso de compresión na descarga das páxinas web (o que podería mellorar a velocidade un 50%), ten función de auto-completado de enderezos web, as páxinas se poden ver en vertical e horizontal cambiando a posición do móbil (se o terminal conta con acelerómetro), ten un xestor de descargas (que permite ver os arquivos baixados sen saír do navegador) e o buscador é capaz de resaltar en cores as palabras de busca.
Este excelente navegador funciona en case calquera móbil con soporte de Java e para instalalo chega con visitar a web operamini.com dende o móbil, ou descargar o ficheiro correspondente dende o ordenador e copialo posteriormente ao móbil.

PUBLICIDADE