Sae á venda a Second Edition do Trials 2

mércores, 10 de decembro do 2008 Raquel Noya

Trials 2, o xogo desenvolvido en Finlandia polos estudos RedLynx para os adictos ao mundo do motor sobre dúas rodas e distribuído no noso país por FX Interactive, vén de converterse nun auténtico fenómeno de masas dende o seu nacemento en 2002.
A clave do éxito desta ferramenta que conta xa con máis de 20 millóns de xogadores en todo o mundo é, segundo os seus creadores, “un avanzado sistema de físicas que lle concede ao xogador o control total sobre moto e piloto”. Grazas a esta tecnoloxía, o Trials 2 está a “arrasar en Internet” e agora vén de presentar a Second Edition, unha versión remasterizada, compatible con portátiles, totalmente en castelán e con unha guía con tódolos segredos para vencer a gravidade.
O seu prezo é de 9,95 euros, o que o fai o agasallo ideal para este Nadal.

PUBLICIDADE