Sae á venda Borderlands 3
venres, 13 de setembro do 2019
Chegou
o dÃa para os seareiros da franquÃa de acción de Gearbox, e xa está dispoñible Borderlands 3, con versións para Xbox One,
PlayStation
4 e PC,
chamado a converterse no novo referente do xénero dos shooter-looter,
conservando a súa caracterÃstica estética (semellante á banda deseñada) e o seu
carácter burleiro.
En Borderlands 3 a acción sitúase nun extremo da galaxia, nun grupo de
planeta explotados sen compaixón por desapiadadas corporacións militarizas, de
xeito que atopamos un lugar cheo de botÃns e violencia que coñecemos como as terras
fronteirizas, nas que apareceu unha seita de tolos coñecida como Os Fillos
da Cámara e estase espallando como unha praga interestelar.
Este tÃtulo permite
xogar en solitario ou en cooperativo como un dos catro buscacámaras únicos,
para conseguir un bo botÃn e salvar a galaxia da ameaza dos fanáticos liderados
polos siameses Calypso.
Os xogadores poden optar por un dos catro buscacámaras personalizables: a
artilleira Moze, o axente Zane, a serea Amara e o domabestas Fl4k. Poden
personalizarse con numerosas opcións e progresar nas súas diferentes árbores de
habilidades para asà xogar do xeito que prefira o usuario.
Tráiler de Borderlands 3