Sae á venda Batman: The Telltale Series

martes, 2 de agosto do 2016 Marcus Fernández

O moi agardado xogo de Batman elaborado por Telltale xa é unha realidade, e a partires de hoxe pode adquirirse o seu primeiro episodio para Xbox One e PlayStation 4 por 5,99 euros, plataformas para as que tamén pode mercarse o xogo completo por 29,99 euros (aínda que recibirase en función do lanzamento dos distintos capítulos) mentres que a versión para PC ten un xogo de 22,99 euros (20,69 euros durante as primeiras 24 horas), confiándose en que chegue a Mac antes do remate da presente semana.
Esta aventura non é o típico xogo de acción protagonizado por Batman, senón que trátase dunha trama máis psicolóxica na que Bruce Wayne tamén xogará un importante papel, que como principal garantía ter o ser unha produción de Telltale Games, estudio detrás dos xogos de The Walking Dead.
Hoxe temos a primeira das 5 entregas que formarán unha historia na que as decisións do xogador irán marcando o destino de Batman.

PUBLICIDADE