Sae a demo de NBA 2K9
venres, 3 de outubro do 2008
- Pau Gasol tamén aparece no NBA 2K9
Os xogos deportivos
chegan ao seu enfrontamento tÃpico do outono, e mentres o FIFA 09 parece ter todas as cartas para derrotar ao PES 2009, no baloncesto a cousa non está
tan clara, aÃnda que este mes se deberÃa resolver a pugna, pois a vindeira
semana sae á venda o NBA 2009 e aÃnda
que o NBA 2K9 non
sairá ata o dÃa 24, a
súa versión de demostración chegou hoxe ás consolas de videoxogos de alta
definición.
Este último tÃtulo poderÃa ter unha lixeira vantaxe sobre o de Electronic Arts
(pois a súa entrega anterior foi o xogo de baloncesto máis vendido para Xbox
360), pero a preferencia por un ou outro tÃtulo pode estar máis na súa dinámica
de xogo que na súa calidade (xa que están orientados a distintos tipos de
xogadores).
AÃnda que NBA 2K9 terá versións para
PS2 e PC, serán as entregas para Xbox 360 e PS3 as que tirarán proveito da alta
definición que permiten as consolas (con melloras nas texturas, os uniformes,
os movementos e mesmo as reaccións do público) e do modo de xogo en liña
(estreando o modo de xogador 5 contra 5 con control total do equipo). Os
xogadores incluso poderán crear os vÃdeo-resumes coas súas mellores xogadas
para poder publicalos na web.
Parece asà que dende 2K Sports non se durmiron nos loureiros, e esta nova
entrega da saga deportiva vai manter o nivel que lle permita conservar o trono
dos xogos de baloncesto.
A demo de NBA 2K9 veu acompañada cun novo trailer do xogo