Sae a 5ª versión de proba de Firefox 3

xoves, 3 de abril do 2008 Marcus Fernández

A versión 3 do navegador Firefox está a progresar na súa elaboración a grande velocidade, e xa presenta a súa 5ª versión de proba, que corrixe fallos detectados e mellora outros elementos.
O Firebox 3b5 corrixe máis de 750 erros da versión 3b4, mellora a súa estabilidade e acelera a execución de aplicacións web coma Gmail ou Zoho Office.
Os usuarios da versión para Mac OS X tamén poden ver cómo a aparencia da aplicación se integra mellor no seu contorno gráfico (de xeito que parece unha aplicación propia de Apple), o que tamén se reproduce na versión de Linux (que se adapta ó tema GTK).

PUBLICIDADE