Robin Williams e a súa filla anuncian o novo xogo de The Legend of Zelda

mércores, 15 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Para moitos pode ser unha sorpresa que o actor norteamericano Robin Williams chamase á súa filla (tamén actriz) Zelda na honra da princesa dos videoxogos de Nintendo, o que incluso podería tela predisposto a ser unha afeccionada do lecer electrónico (recoñece xogar moito a xogos como Halo ou Call of Duty). Pero esta anécdota non cae en saco roto, e Nintendo decidiu aproveitala para que Zelda Williams e o seu pai protagonicen o anuncio de The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D, novo xogo para a Nintendo 3DS que recupera o considerado mellor xogo de todos os tempos (na súa versión orixinal para a Nintendo 64) adaptándoo ás 3D e agardando que se converta no xogo que dispare as vendas da nova consola portátil.
Este novo xogo chegará ás tendas españolas o vindeiro venres, e para crear expectación podemos botar un ollo ao anuncio no que Robin Williams confunde á súa filla Zelda coa princesa do videoxogo:


Na web tamén podemos atopar unha reportaxe na que explican a súa relación co xogo Ocarina of Time:

PUBLICIDADE