RetroMadrid cancélase por segundo ano consecutivo
luns, 21 de marzo do 2016
A Asociación de Usuarios de Informática Clásica (AUIC) levan
dende 2008 organizando un dos encontros de referencia do estado español,
RetroMadrid, feira que o ano
pasado suspendeuse antes as dificultades para atopar un espazo propicio para a
súa celebración (xa que a edición de 2014 tivo serios problemas e aforo), pero
este ano o proxecto non conseguiu volver ao rego, e a AUIC anunciou que este ano non se
celebrará RetroMadrid, pois non conseguiron afianzar os acordos de
colaboración que puidesen permitir a súa intención de celebrar un evento nunhas
instalacións de alta capacidade e con acceso de balde, polo que preferiron
adiar a celebración até 2017, cando confÃan que se retome esta feira da
retroinformática que buscarÃa pasar a ter unha periodicidade bianual para poder
garantir a súa sustentabilidade a longo prazo.
Este tipo de complicacións para a organización de feiras de informática clásica
con carácter altruÃsta non é ningunha sorpresa, e en Galicia xa vimos como en
2014 o encontro RetroCoruña adiárase ao mes de decembro (o que afectou
seriamente á súa acollida) e incluso cancelouse en 2015 (aÃnda que celebrouse
unha exposición en Sada para non deixar á vila sen unha xornada dedicada á
informática clásica) aÃnda que confÃase en que despois do verán se recupere
este interesante encontro.