Retiran os anuncios de Samba de Amigo tras recibir queixas de PETA

venres, 7 de novembro do 2008 Marcus Fernández

O xogo Samba de Amigo leva á Wii unha diversión que xa conseguira na Dreamcast, permitindo que o usuario se divirta xogando cunhas maracas virtuais movidas ao ritmo da música, pero a súa campaña publicitaria vén de ser retirada das canles de televisión que a emitían tralas queixas da asociación ecoloxista PETA, pois nos anuncios saía un chimpancé real xogando coa Wii e incluso enfrontándose a un humano no xogo, o que criticaron duramente polo duro trato que reciben os chimpancés actores, que segundo parece son apartados das súas nais cando aínda son moi novos e maltratados de multitude de xeitos para que aprendan a facer os trucos que lles esixen os seus adestradores. Amais, estes animais teñen unha carreira moi curta, pois trala súa puberdade deixan de valer para a súa profesión, e rematan en zoos ou en laboratorios (para experimentar con eles).
A censura de anuncios non é algo que a priori resulte desexable, pero supomos que neste caso PETA conseguiu difundir a súa mensaxe de xeito moi efectivo, pois a campaña de anuncios se retirou ao momento e tamén serviu para dar a coñecer o feito de que os monos adestrados son un caso de tortura animal da que permaneciamos alleos.

Un dos anuncios de Samba de Amigo no que aparece un chimpancé adestrado

PUBLICIDADE