Retiran do mercado bonecos de Hello Kitty

mércores, 4 de outubro do 2006 Marcus Fernández

A explosión de baterías de portátiles, pero parece que este perigo non afecta só a dispositivos de alta potencia e consumo, senón que tamén se deu en bonecos de Hello Kitty fabricados pola compañía nipona Takara, que xa está a pedir ós compradores destes produtos a súa devolución.
Resulta que os bonecos de Hello Kitty teñen no seu interior un disco que se quenta no microondas, sendo unha especie de equivalente infantil e moderno das bolsas de auga quente, pero que contén unha sustancia química que non é o suficientemente estable ante a calor e podería chegar a producir faíscas moi perigosas.
Despois de que portátiles e móbiles sufrisen problemas de combustión espontánea por todo o mundo, agora tamén están afectados os xoguetes, polo que haberá que chamar a atención a tódolos fabricantes sobre a seguridade dos seus produtos, ante o risco que poden sufrir os seus consumidores.
ACTUALIZACIÓN: A xeito de broma xa anuncian a aparición de extintores de Hello Kitty para solucionar os posibles accidentes cos bonecos antes mencionados:

PUBLICIDADE