Recoñecen cun Record Guinness as boas vendas de Wii Sports

luns, 8 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Miyamoto recibiu o galardón en recoñecemento do éxito do seu xogo <em>Wii Sports</em>Os Records Guinness dos videoxogos continúan a dar que falar, e estes días, co gallo do E3, deron a coñecer unha serie de galardóns que se unen ao de Xbox LIVE coma maior servizo de xogo en liña para consola de videoxogos, que serían os seguintes: Wii Sports conseguiu cos seus 45,6 millóns de copias bater o record de vendas (entendemos que para unha única plataforma), os 11,6 millóns de usuarios de World of Warcraft confirmaron a este título coma o MMORPG máis popular (que no último ano facturou uns 1.000 millóns de dólares), o xogo de estratexia para PC máis vendido con 9,5 millóns de copias sería StarCraft, o xogo de rol multiplataforma máis rapidamente vendido con 4,7 millóns de unidades na súa primeira semana sería Fallout 3, o título máis xogado en liña sería o Call of Duty 4 con 15 millóns de minutos diarios e a saga de xogos musicais máis vendida recaeu evidentemente en Guitar Hero, que superou os 25 millóns de copias.
Amais, Steve Wiebe intentou recuperar o seu histórico record mundial xogando ao clásico Donkey Kong, pero non foi capaz de superar a marca de 1.050.200 puntos que Billy Mitchell conseguiu en 2007.

PUBLICIDADE