R mellorará a súa Tarifa Mini + Internet

mércores, 13 de abril do 2011 Marcus Fernández

A Tarifa Mini + Internet que teñen contratada múltiples clientes do servizo de telefonía móbil de R, e que permite chamadas a 6 céntimos minuto e mensaxes de texto a 9 céntimos así como 250 Mb/1 Gb de tráfico de navegación de Internet (que unha vez superado reduce a súa velocidade a 64 Kbps) vai mellorar de xeito automático o vindeiro 20 de abril, de xeito que cobrará a 0 céntimos/minuto as chamadas entre liñas do mesmo titular (ata un máximo de 60 minutos por chamada) e a 4 céntimos/minuto a outras liñas.
A estes prezos habería que engadir 15 céntimos de establecemento de chamada e resulta ideal para usuarios que queren poder consultar o seu correo electrónico no móbil, tirar proveito de aplicacións como WhatsApp, navegar pola web de xeito esporádico e facer chamadas de voz a calquera operador cun prezo por minuto bastante axustado (especialmente indicado para os que non teñen un volume de chamadas que xustifique a contratación de tarifas planas de voz ou outros paquetes de aforro).
R leva ofrecendo o servizo de telefonía móbil aos seus clientes particulares dende finais de 2007, contando cunha ampla oferta de contratos para axustarse ás necesidades dos seus usuarios e cun catálogo de móbiles subvencionados entre os que non faltan terminais estrela coma o iPhone 4 e o Samsung Galaxy S, ou móbiles para usuarios que buscan a facilidade e comodidade de uso coma o Emporia Elegance.

PUBLICIDADE