R estrea unha tarifa móbil de 3 euros/mes para os novos combos

luns, 6 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Cos últimos cambios de tarifas de R non foron poucos os clientes do operador que percibiron estar a pagar demasiado polas liñas móbiles asociadas ao seu combo, xa que hai usuarios do núcleo familiar que non fan un uso intensivo do móbil que xustifique a súa tarifa actual, de aí que veñen de estrear unha nova tarifa para clientes particular que permite que ter liñas adicionais aos novos combos con 500 MB de datos, chamadas a 0 céntimos/minuto (cun establecemento de chamada de 21 céntimos e unha duración máxima de 60 minutos) e mensaxes de texto a 24 céntimos que terán unha cota mensual de só 3 euros.
Esta nova tarifa tamén tería datos ilimitados en wificlientesR. Teríamos unha oferta moi interesante para usuarios que falen pouco por teléfono, pero que queiran estar localizados á vez que poidan gozar de servizos como WhatsApp.

PUBLICIDADE