R estrea unha tarifa móbil destinada aos usuarios que falan máis durante as fins de semana

mércores, 2 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Imaxe dun anuncio dos servizos móbiles de R

O ano 2012 foi moi positivo para R no que a captación de clientes se refire, en boa medida pola súa aposta pola telefonía móbil (converténdose no operador que máis medrou en Galicia durante o pasado ano) conseguindo máis de 100.000 novas liñas (chegando así ás 216.000 liñas móbiles), e para seguir na mesma liña amplían a súa oferta estreando a tarifa ocio, dirixida a usuarios que fan uso das chamadas de voz principalmente durante a fin de semana.
A tarifa ocio inclúe 200 minutos/mes en chamadas de voz durante sábados e domingos, custando o resto de chamadas a fixos e móbiles 5 céntimos/minuto (cun establecemento de chamada de 15 céntimos). Esta tarifa é compatible coa subvención de terminais e ten un consumo mínimo de 9 euros/mes dos que 5 corresponderían aos 200 minutos en chamadas durante as fins de semana.

PUBLICIDADE