R compensará con 20 GB de datos móbiles a incidencia de onte

mércores, 6 de maio do 2020 Marcus Fernández

Na xornada de onte o servizo de Internet do operador R experimentou unha incidencia masiva que deixou sen servizo aos seus clientes dende preto da unha do mediodía até preto das cinco da tarde (aínda que non se considerou pechada a incidencia até as sete da tarde).
Este incidente desenvolveuse nun momento crítico, xa que os cidadáns atópanse aínda confinados, polo que a caída do servizo afectou a estudos e teletraballo, provocando unha reacción especialmente negativa, tanto aos problemas do servizo como ao anuncio de que R compensará aos seus clientes con 20 GB adicionais nas súas liñas móbiles, o que claramente non foi do agrado para os usuarios de Internet que non teñen móbil coa compañía e para moitos outros que consideran ridículo ofrecer datos móbiles adicionais nun momento no que resulta practicamente imposible consumilos, xa que os usuarios atópanse confinados nos seus fogares.
Na comunicación que R remiten por correo electrónico aos seus clientes detallan que o suplemento de 20 GB no móbil recibirase a partir de mañá en todas as liñas móbiles contratadas coa compañía, que poderán empregarse durante un mes.

PUBLICIDADE