SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

R comezará a activar o servizo de vídeo baixo demanda o 31 de xaneiro

venres 20 de xaneiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Durante a presentación de resultados do operador galego de cable R, o seu conselleiro delegado, Arturo Dopico, asegurou que 2012 sería o ano no que a súa compañía faría os maiores esforzos por modernizar o seu servizo de televisión, engadindo inicialmente o vídeo baixo demanda, para adoptar despois a alta definición.
Finalmente temos un calendario de activación do vídeo baixo demanda para os usuarios R que conten con descodificador de televisión, e que incluirá os servizos catálogo R (con películas, series de televisión, deportes e documentais que poderán consumirse á carta, pagándoos de xeito independente ou a través de bonos) e rebobina R (que facilitará o acceso en diferido a boa parte dos contidos televisivos de R da última semana, o que permite librarse da escravitude das grellas de programación).

JPEG - 158.9 KB
Os usuarios de R con descodificador de televisión poderán ver boa parte da programación televisiva dos últimos 7 días en calquera momento

Os primeiros afortunados en poder gozar destes novos servizos que levan uns meses en probas serán os usuarios en Pontevedra e A Coruña, que contarán cos mesmos dende o 31 de xaneiro; en Vigo Santiago e Ourense activarase o vídeo baixo demanda o 16 de febreiro; e a partir do 23 de febreiro os novos servizos xa estarán dispoñibles para todos os usuarios do servizo de televisión de R.
Para poder gozar desta novidade, a partir da data indicada os usuarios deben actualizar os seus receptores, para o que deberán apagalos durante uns 10 ou 20 minutos para recibir a última versión do software de R.

JPEG - 145.5 KB
R ofrecerá un catálogo de contidos que poderán visualizarse á carta
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS