Quantum Break chega a PC cunha divertida medida anti-copia
mércores, 6 de abril do 2016
Onte saÃu á venda para Xbox
One o xogo Quantum Break, e poucas horas despois o xogo incorporouse
tamén á tenda de aplicacións de Windows 10, onde pode mercarse por 69,99
euros, e permitindo asà que os usuarios de ordenadores persoais poidan gozar
dun xogo que inicialmente só tiña previsto o seu lanzamento en consola.
A versión para Windows 10 tamén permite gozar de caracterÃsticas de Xbox LIVE
como logros, DVR de xogos, marcadores en liña e moito máis, aÃnda que para
poder gozar deste tÃtulo precisamos dun equipo bastante potente que como mÃnimo
teña unha configuración que parta dun procesador Intel Core i5-4460 a 2,7 GHz,
gráfica nVIDIA GeForce GTX760 con 2 GB de memoria, 8 GB de RAM, e 68 GB de
espazo de disco libre, aÃnda que recoméndase contar cunha gráfica nVIDIA GTX970
con 4 GB de memoria e 16 GB de RAM para poder tirar proveito deste xogo,
especificacións que poucos equipos acadan actualmente, polo que non pareza que
a versión para PC vaia erosionar as vendas de Xbox One (especialmente porque a
versión para PC é considerablemente máis cara, cando habitualmente acontece o
contrario).
Curiosamente a versión para PC ten integrada unha medida
anti-piraterÃa, que pode verse se entrarmos no
xogo tras desconectarnos da Tenda de Windows, que consiste en
amosar ao protagonista do xogo cun parche de pirata nun ollo, ovo de Pascua que
Remedy xa incluÃu noutros xogos no pasado. Cómpre detallar que polo
momento só se atopou esta
caracterÃstica, xa que o xogo está lonxe de verse crackeado.
- Para poder gozar dos gráficos e efectos visuais de Quantum Break baixo Windows 10 é preciso contar cun equipo informático moi potente