Pulse estrea aplicación para Windows 8/RT

martes, 11 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Unha das aplicacións de lectura de fluxos RSS máis populares en tablets é Pulse, e para continuar no seu espallamento vén de estrear versión para Windows 8 e Windows RT, de xeito que ordenadores e tablets baseados nos sistemas operativos de Microsoft poden gozar do seu atractivo xeito de consultar a información publicada en blogs, revistas, xornais e outras plataformas.
Actualmente Pulse conta con máis de 20 millóns de usuarios a nivel mundial e, aparte de ler as novas das fontes ás que esteamos subscritos, tamén permite marcalas para unha lectura posterior e incluso sincroniza o estado da aplicación entre os distintos dispositivos nos que teñamos Pulse instalado e incluso coa súa versión web, da que parece beber directamente a versión da aplicación para Windows 8.

PUBLICIDADE