PuigdeKong, un novo xogo para Android froito da actualidade política

luns, 29 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Nun momento no que está de máxima actualidade a posible investidura de Carles Puigdemont, partidarios do político catalán quixeron dar a nota dun xeito orixinal: creando un videoxogo que podemos descargar de balde para Android no que parodian o clásico Donkey Kong, substituíndo ao heroe por Puigdemont, a rapaza a rescatar pola sede da Generalitat, e o grande gorila ao que facer fronte por Maria Rajoy, chamando a esta curiosa aplicación PuigdeKong.
Aínda que a mecánica é moi semellante á do clásico de Nintendo, cando Puigdemont perde unha vida vemos como aparece en pantalla unha vaga de persoas coa súa mesma aparencia con diferentes mensaxes como «ningún tribunal anulará a vontade do pobo», «república ou república» ou «todos somos Puigdemont».
Esta creación naceu a raíz dunha conversa en Twitter do pasado día 26, deixando clara a rápida reacción que permiten as novas contornas dixitais.

PUBLICIDADE