Publican unha listaxe cos videoxogos que crean máis interacción social

xoves, 18 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Que os mellores videoxogos non son os máis vendidos é algo que non se lle escapa a ninguén, pero, ¿cales son os títulos que máis movemento sociais xeran? Pois un estudo pretende medir este factor e publicou unha listaxe cos xogos máis activos en foros, redes sociais, comentarios en YouTube, etc. e os contrastou coa listaxe dos máis vendidos nos EE.UU. segundo o NPD Group, de xeito que podemos ver cómo 4 dos 10 xogos con máis pegada non están entre os 10 máis vendidos; que títulos coma LittleBigPlanet conseguen moita interacción social en relación coas súas moderadas vendas; que xogos coma Guitar Hero: World Tour poden estar moi activos socialmente antes do seu lanzamento oficial (factor moi importante de cara ao seu futuro éxito en vendas); que grandes xogos coma GTA IV xeran moito movemento meses despois do seu lanzamento (cando o seu nivel de vendas xa baixou considerablemente); e que os xogos deportivos parece que non xeran moito ruxerruxe, pois NBA 2K9 pese a ter boas vendas non consegue xerar movemento social.
¿Terá valor esta nova medida do éxito dos xogos? É algo moi discutible, pero parece que os xogos que máis notarán a súa vertente social serán os que contan con modo de xogo multiusuario en liña.

PUBLICIDADE