Publican a listaxe de cancións do SingStar Dance

xoves, 16 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Grazas á nova interface de control de movemento para a PS3, o PlayStation Move, a saga de xogos de karaoke SingStar pode evolucionar combinando as súas cancións co baile no xogo SingStar Dance, que mesturará estilos moi diversos pois fai un repaso musical de xéneros que van dende o hip hop actual ata clásicos dos anos 60.
Finalmente sabemos cal será o seu catálogo musical, e non parece que vaia decepcionar a ninguén, pois combina cancións moi coñecidas e, especialmente, con vocación de animar as festas, xa que permitirán imitar a Ricky Martin co seu Living La Vida Loca e mesmo ao carismático MC Hammer e as súas coreografías para o seu U Can’t Touch This, sen esquecer temas de sempre coma o I Will Survivede Gloria Gaynor.
A listaxe completa de temas deSingStar Dance é o seguinte:
- *N Sync - Bye Bye Bye
- Black Eyed Peas - Shut Up
- Blondie - Heart Of Glass
- Chris Brown - With You
- Cyndi Lauper - Girls Just Wanna Have Fun
- Diana Ross and The Supremes - Baby Love
- Gloria Gaynor - I Will Survive
- Gossip - Standing In The Way Of Control
- Gwen Stefani - What You Waiting For?
- Jamiroquai - Cosmic Girl
- KC & The Sunshine Band - That’s The Way (I Like It)
- Kid Cudi vs Crookers - Day ‘N’ Nite
- Kool And The Gang - Celebration
- La Roux - Bulletproof
- Lady Gaga - Poker Face
- MC Hammer - U Can’t Touch This
- New Kids On The Block - Hangin Tough
- Outkast - Hey Ya!
- Paula Abdul - Straight Up
- Pitbull - I Know You Want Me (Calle Ocho)
- Reel 2 Real feat. The Mad Stuntman - I Like To Move It
- Ricky Martin - Living La Vida Loca
- Run DMC vs Jason Nevins - It’s Like That
- Salt N Pepa - Push It
- Shaggy - Boombastic
- Sir Mix A Lot - Baby Got Back
- Soulja Boy - Crank That
- The Backstreet Boys - Everybody (Backstreet’s Back)
- The Jackson 5 - I Want You Back
- The Pussycat Dolls - Don’t Cha

PUBLICIDADE