Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Presentan unha capa de realidade aumentada sobre o Camiño de Santiago

luns 12 de xullo do 2010, por Redacción | | Compartir | |

A empresa compostelá Signo leva un tempo desenvolvendo unha capa de realidade aumentada sobre o Camiño de Santiago para a aplicación Layar (dispoñible para multitude de terminais móbiles dotados de GPS e compás dixital), e finalmente este traballo chegou a bo porto, presentándose esta mañá por parte do director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, quen defendeu que as TIC «son unha ferramenta idónea para a transmisión dos valores e o enriquecemento que supón a experiencia do Camiño de Santiago».
A aplicación móbil contribuirá a que o Camiño de Santiago transcenda á celebración deste Ano Santo, así como a levar os contidos da páxina web do Xacobeo a novos soportes.
A capa de información sobre o Camiño presentada a través de Layar achega aos camiñantes con smartphones compatibles a posibilidade de acceder a información en tempo real sobre albergues, programación ou puntos de interese. Aínda que estes contidos son de balde, é preciso rexistrase coma usuario na páxina web do Xacobeo para poder acceder aos mesmos dende o móbil.


A presentación da capa de realidade aumentada sobre o Camiño vista polas cámaras de Correo TV
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS