Preparan un novo xogo das Tartarugas Mutantes para o mes de outubro

luns, 22 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Activision anunciou nas últimas horas que as Tartarugas Mutantes van ter un novo videoxogo o vindeiro 25 de outubro para Wii, Nintendo 3DS e Xbox 360 que estará inspirado na serie de animación que actualmente pode verse na canle Nickleodeon (e tamén en Clan), como xa fixo hai pouco un xogo para iOS (que supuxo a primeira incursión dos personaxes de Kevin Eastman e Peter Laird no iPad).

O xogo será un beat’em up

O novo xogo está a ser desenvolvido por Magic Pockets, sitúase entre a primeira e a segunda tempada da serie de animación e conserva a súa estética, con simpáticos gráficos tridimensionais. Será un beat’em up para catro xogadores coa opción de entrar ou saír da partida en calquera momento e modo cooperativo nas súas versións domésticas.
Este non será o único xogo das Tartarugas que poderemos ver en breve, pois a finais de agosto tamén está previsto o lanzamento de Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows, que terá unha estética máis adulta e pretende converterse nunha triloxía.

O xogo permitirá xogar a 4 usuarios á vez


Trailer do novo xogo das Tartarugas Mutantes

PUBLICIDADE