Preparan un clon de Metal Slug para Nintendo DS

martes, 26 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Os clásicos shooters en 2 dimensións que tanto éxito tiñan nos salóns recreativos parecen uns compeltos esquecidos no sector dos videoxogos, o que pretende corrixir 07 Commando: Steel Disaster, que é un clon chinés da saga de Metal Slug, que chegará para a Nintendo DS desenvolvido por Mana Software.
O xogo vense desenvolvendo dende 2006, e finalmente chegará ó mercado este ano, rememorando cuns gráficos excelentes, unha boa música e unha animación bastante coidada o que eran estes títulos consistentes en destruír ós inimigos que atopamos no noso camiño, entre os que habería que destacar os xefes que aparecen ó final de cada fase (inimigos de grande tamaño que supoñen todo un reto para o xogador).
Podemos ver o xogo en acción no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE