Portugal terá a súa primeira cabina telefónica solar da man dunha empresa galega

venres, 25 de maio do 2007 Marcus Fernández

Pablo Fernández, director executivo de Telemo, probando un dos seus teléfonos de moedasEste sábado a Cámara de Vila Franca de Xira e Telemo Comunicaciones inaugurarán a primeira cabina telefónica solar de Portugal rematando o acto oficial cunha primeira chamada simbólica.
A cabina estará situada na Praza Marquês de Pombal (Vila Franca de Xira, Lisboa) e a empresa responsable da súa posta en funcionamento é a galega Telemo. Este tipo de dispositivos destacan pola súa rápida instalación (precisan dunha montaxe de só 4 horas) e do seu funcionamento autónomo, posto que contan cunha placa fotovoltaica e unha batería que lle achegan enerxía e nin sequera teñen que conectarse a unha liña telefónica mediante cable.

PUBLICIDADE