PlayStation 4 terá a versión definitiva de Ultra Street Fighter IV

luns, 12 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Ao anunciar o xogo Street Fighter V, título que inicialmente non chegará a Xbox One, Capcom amosou unha boa sintonía con Sony, e para deixar aínda máis clara a súa predilección pola compañía nipoa, continúan a dar conta doutro xogo de loita que chegará antes, o Ultra Street Fighter IV, que será a adaptación do Street Fighter IV á PlayStation 4, e que, como boa nova para os usuarios que teñan pensado facerse con el, adiantan que incluirá non só todos os traxes das versións de PS3 e Xbox 360, senón tamén outros contidos descargables lanzados hai pouco (como os traxes Vacation e Wild). E para facer aínda máis redonda a que promete ser a edición definitiva de Ultra Street Fighter IV, o xogo incluirá o Modo Omega, que muda os ataques normais e especiais de cada personaxe para darlle un toque refrescante a un xogo que xa ten seis anos ás costas.

Entre os traxes alternativos que incluirá Ultra Street Fighter IV para PS4 están algunhas novidades bastante divertidas

PUBLICIDADE