Pinterest chega a Windows Phone 8

xoves, 12 de xuño do 2014 Marcus Fernández

A ausencia de aplicacións de referencia oficiais no mundo móbil era unha grandes eivas coas que partía Windows Phone, pero pouco a pouco foise arranxando, e cada vez son máis as grandes compañías que optan por contar coa súa propia aplicación no sistema operativo móbil de Microsoft, sendo a última en dar tal paso Pinterest, que chega cunha versión aínda non tan completa como as súas contrapartidas para iOS e Android, pero que prometen que recibirá melloras en función do feedback recibido polos usuarios.
A nova aplicación de Pinterest permite que os usuarios de Windows Phone poidan seguir aos seus amigos, editar os seus taboleiros, indicar que gustan de publicacións alleas... en definitiva, unha serie de funcións básicas, coa comodidade de empregar o servizo dende unha interface áxil e coidada esteticamente, á que é de agardar que sumen prestacións nos vindeiros meses para continuar a potenciar esta plataforma que tanto éxito ten entre certos sectores de público moi sensibles á moda e ao deseño.

PUBLICIDADE