Piden a Yoigo que fale galego
venres, 29 de decembro do 2006
A Ciberirmandade da Fala iniciou unha
campaña na que denuncia que o novo operador de telefonÃa móbil, Yoigo, ignora o
galego mentres ofrece servizos tanto en español coma en catalán, euskera e
mesmo inglés e insta ós potenciais usuarios da compañÃa a que remitan unha
mensaxe por correo electrónico á nova empresa (a través dun formulario
na súa web) de xeito que solicitan a Yoigo que ofreza servizo de atención ó
cliente en galego (suxerindo tamén o uso de galego noutros ámbitos como a
publicidade, a páxina web corporativa, etc.).
Esta iniciativa da Ciberirmandade está xa a ser escoitada e promovida
dende a Mesa pola Normalización LingüÃstica ou o sistema de edición non xerárquica
de Chuza!.