Philips abandonará o sector da electrónica de consumo

mércores, 30 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A compañía holandesa Philips publicou onte os seus resultados económicos para o último trimestre de 2012, rexistrando unha mellora dos seus resultados operativos nun 50% ata chegar aos 875 millóns de euros, grazas a unha reestruturación do seu negocio que iniciaron en 2011 para conseguir sortear a conxuntura económica actual e que vai saldarse cunha decisión bastante rechamante: os negocios de son, vídeo, multimedia e accesorios de Philips van transferirse a Funai, o que permitirá a continuidade deses negocios, pero supón unha importante reestruturación da compañía matriz, que reforzará os seus negocios de saúde e ben estar mentres abandona a electrónica de consumo.
A operación de venda das actividades de audio, multimedia e accesorios podería completarse na segunda metade do ano, mentres que a transferencia do negocio do vídeo tería lugar en 2017.

PUBLICIDADE