Periscope permite participar a convidados nos vídeos en directo

martes, 5 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Dende Twitter poderían querer recuperar peso no mundo do vídeo en directo dende o móbil, e agora estarían a incorporar unha prestación moi desexada en Periscope (a súa plataforma de vídeo en vivo) que Instagram ten dende agosto de 2017: a posibilidade de aceptar convidados nas retransmisións en directo.
Deste xeito, cando esteamos realizando unha retransmisión en directo a través de Periscope, os espectadores que a estean a seguir poderán solicitar unirse á conversa, e se o usuario emisor acepta a petición, poderán compartir pantalla para conversar en público. O anfitrión poderán expulsar a un convidado cando o desexen e coller outro, formato que pode resultar moi interesante como canle para responder a cuestión dos seareiros, que xa non quedará como un frío chat, senón que permitirá por cara á xente, e incluso podería aproveitarse para a realización de entrevistas.
Durante as retransmisións os convidados veranse nun recadro na esquina superior esquerda da pantalla e, aínda que polo momento esta funcionalidade só está dispoñible a través de Periscope, confíanse en que en breve tamén estea dispoñible directamente dende a aplicación de Twitter.

PUBLICIDADE