Pepephone poderÃa mudarse á rede de Movistar para ofrecer 4G antes de rematar o ano
martes, 9 de setembro do 2014
- O director xeral de Pepephone participou nun encontro en Compostela hai poucos meses</A>
O pasado mes de febreiro Pepephone sorprendeu anunciando que
abandonarÃa Vodafone como provedor para a súa rede de telefonÃa móbil para
pasar a usar Yoigo, o que permitirÃalle ofrecer servizos 4G, tecnoloxÃa que
parece vetada aos Operadores Móbiles Virtuais (OMV) até a liberación do
dividendo dixital, cambio que estaba
previsto para o mes de xuño, pero que finalmente topou moitos atrancos que
tardarÃan moito en arranxarse (xa que o conflito terÃa que chegar a instancias
europeas) o que, segundo
o diario Expansión, van solucionar optando por Movistar como provedor.
A sinatura do acordo entre Movistar e Pepephone para que o OMV estrela puidese
empregar as redes 3G e 4G de Movistar estarÃa a piques de producirse, e terÃa
unha duración de varios anos, facilitando que os usuarios de Pepephone poidan
gozar dun mellor servizo a un prezo máis competitivo. Agárdase que a migración
de operador se desenvolva antes do remate do ano, sendo especialmente
beneficiosa para os usuarios que xa contan con terminais con conectividade 4G.
A situación actual de Pepephone era insoportable, xa que anunciara un cambio de
provedor para satisfacer as demandas de 4G por parte dos seus clientes e non
estaba a cumprir coa súa promesa de renovación de prezos e servizos, o que
poderÃa ser unha das principais causas de que no
mes de agosto experimentase un balance negativo en portabilidades por primeira
vez na súa historia (aÃnda que caendo só en 375 liñas).