Pedalar coa axuda da PSP

martes, 12 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Poucos exercicios físicos hai máis aburridos que as bicicletas estáticas, polo que dende Trixter queren aledar a práctica deste tipo de actividade cun soporte para suxeitar unha consola PSP no manillar da bicicleta para despois poder inserir na videoconsola unha tarxeta Memory Stick con rutinas de exercicio para facer mentres se pedalea.
Este curioso invento custa 60 libras (88,78 euros) e supón unha interesante compra para os que fagan uso de bicicletas estáticas tanto na casa coma no ximnasio, aínda que o seu prezo pode considerarse elavado.

PUBLICIDADE